500
![]() |
|
Ordenador Amiga 500 Publicado na revista Amiga World Nº 13 Data: Setembro 1990 Comentarios: Anuncio do Amiga 500, facendo fincapé nas suas posibilidades multimedia, son estereo, dibuxo 3D, edición de video. Ademais se dí que é compatible PC o cal non e exactamente certo. Para que o Amiga 500 executase os programas do PC MS-DOS precisábase dun Software de emulación, un dos mais coñecidos era o Transformer, que era terriblemente lento, ainda que moi efectivo; aindo recordo emular o Lotus 123 no meu Amiga 500 con iste programa, ou dunha placa hardware que incorporaba un PC no seu interior, emulación perfecta e rápida pero cara. Nista ocasión Commodore regalaba un pack de software chamado Flight of Fantasy, composto polo Deluxe Paint e tres xogos, F29 Retaliator, Rainbow Islands e Scape from the Planet of the Robot Monster. Coma sempre Commodore cometeu o erro de anunciar as suas máquinas en revistas que maioritariamente ian mercar poseedores de Amiga, en vez de publicalo anuncio en outras revistas doutras plataformas, como fixo Atari anunciando o Atari ST nunha revista tipica de Spectrum, a Microhobby ou nunha mais xeneralista como a MIcromania. |
Derradeira actualización: 28-07-2006