Inicio > ¿Cómo cargar programas? > Sinclair > Spectrum +

 

Spectrum +

 

Para cargar e executar programas nun Sinclair Spectrum +, empregaremos as seguintes instruccions do BASIC Sinclair.

CARGAR UN PROGRAMA

 

Para cargar un programa en cinta en un Sinclair Spectrum +, teclea o seguinte (ENTER significa que hai que pulsar a tecla ENTER do teclado, non hai que escribilo):

LOAD "" ENTER

Para teclear o anterior, pulsa a tecla J (aparecerá na línea de comandos a palabra clave LOAD), despois pulsa duas veces a tecla ", por último pulsa a tecla ENTER.

A pantalla quedarase en branco, pulsa PLAY no casette, e o seguinte programa que este na cinta será cargado.

Se ao finalizar a carga aparece unha mensaxe co seguinte texto

R Tape loading error, 0:1

produciuse un erro no proceso de carga e terias que voltar a repetir o proceso pero axustando ó volumen ata dar co nivel axeitado.

Se todo vai ben aos pocos minutos o programa executarase, se non fose así e na pantalla aparecese unha mensaxe

0 OK, 0:1

teclear RUN ENTER para executalo (pulsar a tecla R (aparecerá na línea de comandos a palabra clave RUN) e despois pulsa a tecla ENTER, asi faremos que o programa se execute.

 

Para cargar un programa específico, por exemplo COMANDO, teclearemos o seguinte:

LOAD "COMANDO" ENTER

Para teclear o anterior, pulsa a tecla J (aparecerá na línea de comandos a palabra clave LOAD), despois pulsa a tecla ", tecleamos o nome do programa, no noso exemplo tecleariamos COMANDO, despois pulsa a tecla ", e por último pulsa a tecla ENTER.

A pantalla quedarase en branco, pulsa PLAY no casette, e o ordenador buscará na cinta o programa que se chame COMANDOS.

Se ao finalizar a carga aparece unha mensaxe co seguinte texto

R Tape loading error, 0:1

produciuse un erro no proceso de carga e terias que voltar a repetir o proceso pero axustandio ó volumen ata dar co nivel axeitado..

Se todo vai ben aos pocos minutos o programa executarase, se non fose así e na pantalla aparecese unha mensaxe

0 OK, 0:1

teclear RUN ENTER para executalo (pulsar a tecla R (aparecerá na línea de comandos a palabra clave RUN) e despois pulsa a tecla ENTER, asi faremos que o programa se execute.

 

Alguns programas, moi poucos, por exemplo o MAZIACS, cargánse dun xeito diferente, en estos casos proba a teclear o seguinte:

LOAD "" CODE ENTER

Para teclear o anterior, pulsa a tecla J (aparecerá na línea de comandos a palabra clave LOAD), despois pulsa duas veces a tecla ", agora pulsa a tecla EXTEND MODE (o cursor debería ter cambiado a unha E ) e pulsa a tecla I (aparecerá na línea de comandos CODE ), por último pulsa a tecla ENTER.

A pantalla quedarase en branco, pulsa PLAY no casette, e o ordenador cargará o seguinte programa en código máquina que aparezca na cinta

Se ao finalizar a carga aparece unha mensaxe co seguinte texto

R Tape loading error, 0:1

produciuse un erro no proceso de carga e terias que voltar a repetir o proceso pero axustandio ó volumen ata dar co nivel axeitado.

Se todo vai ben aos pocos minutos o programa executarase.

 

GARDAR UN PROGRAMA

Para grabar un programa BASIC específico, por exemplo AJEDREZ, teclearemos o seguinte:

SAVE "AJEDREZ" ENTER

Para teclear o anterior, pulsa a tecla S (aparecerá na línea de comandos a palabra clave SAVE), despois pulsa ", tecleamos o nome do programa, no noso exemplo tecleariamos AJEDREZ, despois pulsa ", e por último pulsa a tecla ENTER.

Na pantalla aparecerá unha mensaxe que dí

Start tape, them press any key

pulsar RECORD+PLAY no casette e despois calquer tecla, o programa BASIC será grabado na cinta.

 

As instruccions básicas de manexo das unidades de Microdrive no Sinclair Spectrum + son as seguintes:

 

FORMATEAR UN MICRODRIVE

Antes de poder usar un microdrive e necesario darlle o formato axeitado para que o ordenador poda entender os dados que se escreban no mesmo, para dar formato a un microdrive no Sinclair Spectrum teclee o seguinte (return significa que hai que pulsar a tecla RETURN do teclado, non hai que escribilo):

FORMAT "M";1;"TITULO" ENTER

Para teclear o anterior, pulsa a tecla EXTEND MODE (o cursor debería ter cambiado a unha E ) , agora pulsa SYMBOL SHIFT e o número 0 (aparecerá na línea de comandos a palabra clave FORMAT ), despois pulsa ", pulsa a tecla M, despois pulsa ";, teclea 1, se só temos unha unidade de microdrive, se temos mais dunha unidade e queremos darlle formato a outra debemos cambialo 1 polo numero de microdrive correspondente, pulsa ;") , introduce o nome que vai receber o cartucho de microdrive, no noso expemplo TITULO, e despois pulsa ", e por último pulsamos a tecla ENTER.

Hai que recordar que os cartuchos formateados para Spectrum no son compatibles cos do QL.

 

VER O CONTIDO DO MICRODRIVE

Para ver o contido dun microdrive, o que se chama facer un directorio, teclearemos o seguinte:

CAT 1 ENTER

Para teclear o anterior, pulsa a tecla EXTEND MODE (o cursor debería ter cambiado a unha E ), agora pulsa SYMBOL SHIFT e o número 9 (aparecerá na línea de comandos a palabra clave CAT ), despois teclea 1, se só temos unha unidade de microdrive, se temos mais dunha unidade e queremos ver o contido de outro microdrive debemos cambialo 1 polo numero de microdrive correspondente, e por último pulsamos a tecla ENTER.

 

CARGAR UN PROGRAMA DENDE O MICRODRIVE

Para cargar un programa en memoria dende o microdrive debemos teclear:

LOAD *"M";1;"NOME" ENTER

Para teclear o anterior, pulse a tecla J (aparecerá na línea de comandos a palabra clave LOAD), despois pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e B e pulsa " (aparecerá na línea de comandos *"), pulsa a tecla M, pulsa ";, teclea 1, se só temos unha unidade de microdrive, se temos mais dunha unidade e queremos cargar un programa dende outra unidade debemos cambialo 1 polo numero de microdrive correspondente, pulsa ;" , introduce o nome do programa a cargar, no noso expemplo NOME, e despois pulsa ", e por último pulsamos a tecla ENTER.

 

GARDAR UN PROGRAMA EN MICRODRIVE

Para gardar un programa nun cartucho de microdrive teclearemos:

SAVE *"M";1;"NOME" ENTER

Para teclear o anterior, pulse a tecla S (aparecerá na línea de comandos a palabra clave SAVE), despois pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e B e pulsa " (aparecerá na línea de comandos *"), pulsa a tecla M, pulsa ";, teclea 1, se só temos unha unidade de microdrive, se temos mais dunha unidade e queremos grabar un programa noutra unidade debemos cambialo 1 polo numero de microdrive correspondente, pulsa ;" , introduce o nome do programa a grabar, no noso exemplo NOME, e despois pulsa ", e por último pulsamos a tecla ENTER.

 

Inicio > ¿Cómo cargar programas? > Sinclair > Spectrum +

Derradeira actualización: 10-10-2003

 Para calqueira comentario, rectificación ou apreciación; por favor mandáde-me un mail a Web8bits@Web8bits.com