Para cargar e executar programas nun Sinclair Spectrum, empregaremos as seguintes instruccions do BASIC Sinclair.
CARGAR UN PROGRAMA Para cargar un programa en cinta en un Sinclair Spectrum, teclee o seguinte (ENTER significa que hai que pulsar a tecla ENTER do teclado, non hai que escribilo):
LOAD "" ENTER
Para teclear o anterior, pulsa a tecla J (aparecerá na línea de comandos a palabra clave LOAD), despois pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e P duas veces (aparecerá na línea de comandos ""), por último pulsa a tecla ENTER.
A pantalla quedarase en branco, pulsa PLAY no casette, e o seguinte programa que este na cinta será cargado.
Se ao finalizar a carga aparece unha mensaxe co seguinte texto
R Tape loading error, 0:1
produciuse un erro no proceso de carga e terias que voltar a repetir o proceso pero axustando ó volumen ata dar co nivel axeitado.
Se todo vai ben aos pocos minutos o programa executarase, se non fose así e na pantalla aparecese unha mensaxe
0 OK, 0:1
teclear RUN ENTER para executalo (pulsar a tecla R (aparecerá na línea de comandos a palabra clave RUN) e despois pulsa a tecla ENTER, asi faremos que o programa se execute.
Para cargar un programa específico, por exemplo COMANDO, teclearemos o seguinte:
LOAD "COMANDO" ENTER
Para teclear o anterior, pulsa a tecla J (aparecerá na línea de comandos a palabra clave LOAD), despois pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e P (aparecerá na línea de comandos "), tecleamos o nome do programa, no noso exemplo tecleariamos COMANDO, despois SYMBOL SHIFT e P (aparecerá na línea de comandos " ), e por último pulsa a tecla ENTER.
A pantalla quedarase en branco, pulsa PLAY no casette, e o ordenador buscará na cinta o programa que se chame COMANDO.
Se ao finalizar a carga aparece unha mensaxe co seguinte texto
R Tape loading error, 0:1
produciuse un erro no proceso de carga e terias que voltar a repetir o proceso pero axustandio ó volumen ata dar co nivel axeitado..
Se todo vai ben aos pocos minutos o programa executarase, se non fose así e na pantalla aparecese unha mensaxe
0 OK, 0:1
teclear RUN ENTER para executalo (pulsar a tecla R (aparecerá na línea de comandos a palabra clave RUN) e despois pulsa a tecla ENTER, asi faremos que o programa se execute.
Alguns programas, moi poucos, por exemplo o MAZIACS, cargánse dun xeito diferente, en estos casos proba a teclear o seguinte:
LOAD "" CODE ENTER
Para teclear o anterior, pulsa a tecla J (aparecerá na línea de comandos a palabra clave LOAD), despois pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e P duas veces (aparecerá na línea de comandos ""), agora pulsa e manten pulsada a tecla CAPS SHIFT e ao mesmo tempo pulsa a SYMBOL SHIFT e solta ambas teclas (o cursor debería ter cambiado a unha E ) e pulsa a tecla I (aparecerá na línea de comandos CODE ), por último pulsa a tecla ENTER.
A pantalla quedarase en branco, pulsa PLAY no casette, e o ordenador cargará o seguinte programa en código máquina que aparezca na cinta
Se ao finalizar a carga aparece unha mensaxe co seguinte texto
R Tape loading error, 0:1
produciuse un erro no proceso de carga e terias que voltar a repetir o proceso pero axustandio ó volumen ata dar co nivel axeitado.
Se todo vai ben aos pocos minutos o programa executarase.
GARDAR UN PROGRAMA Para grabar un programa BASIC específico, por exemplo AJEDREZ, teclearemos o seguinte:
SAVE "AJEDREZ" ENTER
Para teclear o anterior, pulsa a tecla S (aparecerá na línea de comandos a palabra clave SAVE), despois pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e P (aparecerá na línea de comandos "), tecleamos o nome do programa, no noso exemplo tecleariamos AJEDREZ, despois SYMBOL SHIFT e P (aparecerá na línea de comandos " ), e por último pulsa a tecla ENTER.
Na pantalla aparecerá unha mensaxe que dí
Start tape, them press any key
pulsar RECORD+PLAY no casette e despois calquer tecla, o programa BASIC será grabado na cinta.
As instruccions básicas de manexo das unidades de Microdrive no Sinclair Spectrum son as seguintes:
FORMATEAR UN MICRODRIVE Antes de poder usar un microdrive e necesario darlle o formato axeitado para que o ordenador poda entender os dados que se escreban no mesmo, para dar formato a un microdrive no Sinclair Spectrum teclee o seguinte (return significa que hai que pulsar a tecla RETURN do teclado, non hai que escribilo):
FORMAT "M";1;"TITULO" ENTER
Para teclear o anterior, manten pulsada a tecla CAPS SHIFT e ao mesmo tempo pulsa a SYMBOL SHIFT e solta ambas teclas (o cursor debería ter cambiado a unha E ) , agora pulsa SYMBOL SHIFT e o número 0 (aparecerá na línea de comandos a palabra clave FORMAT ), despois pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e P (aparecerá na línea de comandos "), pulsa a tecla M, despois pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e P e despois pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e O (aparecerá na línea de comandos ";), teclea 1, se só temos unha unidade de microdrive, se temos mais dunha unidade e queremos darlle formato a outra debemos cambialo 1 polo numero de microdrive correspondente, pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e O e pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e P (aparecerá na línea de comandos ;") , introduce o nome que vai receber o cartucho de microdrive, no noso expemplo TITULO, e despois pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e P (aparecerá na línea de comandos " ), e por último pulsamos a tecla ENTER.
Hai que recordar que os cartuchos formateados para Spectrum no son compatibles cos do QL.
VER O CONTIDO DO MICRODRIVE Para ver o contido dun microdrive, o que se chama facer un directorio, teclearemos o seguinte:
CAT 1 ENTER
Para teclear o anterior, manten pulsada a tecla CAPS SHIFT e ao mesmo tempo pulsa a SYMBOL SHIFT e solta ambas teclas (o cursor debería ter cambiado a unha E ) , agora pulsa SYMBOL SHIFT e o número 9 (aparecerá na línea de comandos a palabra clave CAT ), despois teclea 1, se só temos unha unidade de microdrive, se temos mais dunha unidade e queremos ver o contido de outro microdrive debemos cambialo 1 polo numero de microdrive correspondente, e por último pulsamos a tecla ENTER.
CARGAR UN PROGRAMA DENDE O MICRODRIVE Para cargar un programa en memoria dende o microdrive debemos teclear:
LOAD *"M";1;"NOME" ENTER
Para teclear o anterior, pulse a tecla J (aparecerá na línea de comandos a palabra clave LOAD), despois pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e B e pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e P (aparecerá na línea de comandos *"), pulsa a tecla M, despois pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e P e despois pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e O (aparecerá na línea de comandos ";), teclea 1, se só temos unha unidade de microdrive, se temos mais dunha unidade e queremos cargar un programa dende outra unidade debemos cambialo 1 polo numero de microdrive correspondente, pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e O e pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e P (aparecerá na línea de comandos ;") , introduce o nome do programa a cargar, no noso expemplo NOME, e despois pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e P (aparecerá na línea de comandos " ), e por último pulsamos a tecla ENTER.
GARDAR UN PROGRAMA EN MICRODRIVE Para gardar un programa nun cartucho de microdrive teclearemos:
SAVE *"M";1;"NOME" ENTER
Para teclear o anterior, pulse a tecla S (aparecerá na línea de comandos a palabra clave SAVE ), despois pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e B e pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e P (aparecerá na línea de comandos *"), pulsa a tecla M, despois pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e P e despois pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e O (aparecerá na línea de comandos ";), teclea 1, se só temos unha unidade de microdrive, se temos mais dunha unidade e queremos grabar un programa noutra unidade debemos cambialo 1 polo numero de microdrive correspondente, pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e O e pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e P (aparecerá na línea de comandos ;") , introduce o nome do programa a grabar, no noso expemplo NOME, e despois pulsa simultaneamente as teclas SYMBOL SHIFT e P (aparecerá na línea de comandos " ), e por último pulsamos a tecla ENTER.
Derradeira actualización: 10-10-2003
Para calqueira comentario, rectificación ou apreciación; por favor mandáde-me un mail a Web8bits@Web8bits.com