Inicio > ¿Cómo cargar programas? > Commodore > VIC 20 / C=64

 

 

Para cargar e executar programas nun Commodore 64 ou nun VIC 20, empregaremos as seguintes instruccions do BASIC Commodore, estas instruccions son válidas para calqueira modelo de commodore ca versión 2 ou superior do BASIC, e decir, estas son instruccions directas para o VIC-20, para o Commodore 64, e para o Commodore 128 en modo 64, e pódense usar tamén no Commodore 16, plus/4 e Commodore 128, ainda que en estas máquinas a versión do BASIC é superior e teñen instruccions específicas para a unidade de disco.

Pulse a tecla SHIFT xunto ca tecla marcada RUN / STOP, pulse PLAY na unidade de datasette e o seguinte programa da cinta será cargado, se ao finalizar a carga o programa non se executa, escreber RUN e pulsar a tecla return.

Para cargar un programa específico, teclee LOAD "NOME PROGRAMA" e pulse PLAY no datasette, esto fará que se busque na cinta o programa chamado NOME PROGRAMA e se se atopa se cargará en memoria.

 

 

As instruccions básicas de manexo da unidade de disco no Commodore 64 son as seguintes:

 

FORMATEAR UN DISCO

Antes de poder usar un disco e necesario darlle o formato axeitado para que o ordenador poda entender os dados que se escreban no mesmo, para dar formato a un disco no Commodore 64 teclee o seguinte (return significa que hai que pulsar a tecla RETURN do teclado, non hai que escribilo):

OPEN LFN,ID DISCO,SA return

PRINT #LFN,"N:NOME PROGRAMA,ID" return

LFN -> Logic File Number, número de arquivo lóxico, calquera número entre 1 e 255, habitualmente 15

ID DISCO -> Número físico da unidade de disco, entre 8 e 11, habitualmente 8

SA -> Secondary Adress, dirección secundaria, sempre 15 manexando a unidade de disco

NOME -> Nome do disco, máximo 16 caracteres

ID -> Identificador de disco, dous carateres que serven como identificador de disco, COIDADO non podes dar o mesmo ID a mais dun disco

Por exemplo para formatear un disco na unidade 8, como veñen identificadas de fábrica as unidades de disco, co nome de XOGOS, e identificador de disco FF, teclearíamos (return significa que hai que pulsar a tecla RETURN do teclado, non hai que escribilo):

OPEN 15,8,15 return

PRINT #15,"N:XOGOS,FF" return

 

VER O CONTIDO DO DISCO

Para ver o contido dun disco, o que se chama facer un directorio, teclearemos o seguinte:

LOAD "$",8 return

LIST return

Aparecerá na pantalla un listado cos programas que hai no disco, COIDADO, ao executar istas órdenes BORRASE o programa BASIC que estivésemos tecleando.

Na pantalla aparecerá algo como isto:

Nome do disco

Identificador do disco de dous caracteres

Ata 144 nomes de arquivo

Tipo de arquivo (PRG programa ou SEQ arquivo secuencial)

Lonxitude en bloques de cada arquivo

Número de bloques libres disponibles

 

CARGAR UN PROGRAMA

Para cargar un programa en memoria dende o disco debemos teclear:

LOAD "NOME",8,1 return

Ao pouco tempo o programa executaráse, se non fose así teclear:

RUN return

 

GARDAR UN PROGRAMA

Para gardar un programa en disco teclearemos:

SAVE "NOME",8 return

 

Inicio > ¿Cómo cargar programas? > Commodore > VIC 20 / C=64

Derradeira actualización: 10-10-2003

 Para calqueira comentario, rectificación ou apreciación; por favor mandáde-me un mail a Web8bits@Web8bits.com