

|
|
|
|
||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ordenador lanzado por Commodore-Amiga para cubrir o hoco deixado pola desaparición comercial do Amiga 500+. No ano do lanzamento diste Amiga 600, a linea de ordenadores Amiga estaba composta polos novos moidelos AGA, o Amiga 1200 e o Amiga 4000. En principio iste ordenador ibase chamar Amiga 300, e isto ainda se pode ver impreso na placa base diste modelo, pero os señores de Commodore-Amiga decidiron cambialo no derradeiro momento por 600, xa que Amiga 300 poderías interpretar como un modelo inferior ao Amiga 500, cosa en absoluto certa.
Era unha boa máquina, con gran compatibilidade co Software desenrolado para o Amiga 500, interface PCMCIA, para conectar tarxetas de rede por exemplo, e un interface IDE interno con capacidade para instalar un disco duro de 2,5". O seu tamaño era bastante reducido xa que o teclado non incorporaba teclado numérico, polo que ista máquina pódese transportar a calquera sitio e ocupa moi pouco espacio na mesa de traballo.
Nas primeiras unidades que sairon a venda diste modelo, Commodore sacounas cunha versión do KickStart que non ten o código para o manexo da interface IDE, isto fixoo ca idea de vender, para quen quixese poñerlle un disco duro, un kit oficial que consistía nunha nova versión do KickStart un folleto con instruccions e o disco Install do Sistema Operativo. As primeiras máquinas tiñan o KickStart 37.299, que é incompatible cos discos IDE, pero posteriormente Commodore lanzou todolos modelos deo Amiga 600, e decir o FD e o HD, cunha versión do KickStart 37.300 ou superior, ca cual non e necesario o kit de Commodore para poder instalar un disco duro. Para comprobar se ao teu Amiga 600 se lle pode incoroporar un disco duro IDE, encende o ordenador e non metas ningún disco na unidade de discos, aparecerá a pantalla onde se pide que insertes un disco, e nesa pantalla podes ver que versión do KickStart leva a tua máquina, se é a versión 37.299 ou inferior non poderas instalarlle un disco duro sen cambiar antes o chip da KickStart ROM, se é unha versión 37.300 ou superior non teras ningún problema a hora de instalelle un disco duro ao teu Amiga 600.
Non tivo demasiado éxito comercial xa que o modelo superior Amiga 1200 levaba xa uns meses no mercado e a xente se pasou do Amiga 500 ao 1200, só a xente que se incorporaba a plataforma Amiga, e cada vez era menos xente, se inclinaba polo Amiga 600. As suas escasa vendas fai del un ordenador dificil de atopar de segunda man actualmente.
Xunto con ista versión sen disco duro, Commodore-Amiga comercializou outra versión que traía un disco duro interno, o Amiga 600HD.
Derradeira Actualización: 19-03-2004