

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ordenador deseñado en Cambridge (Inglaterra), por John Shirreff en 1982.
Ordenador de deseño compacto e moi robusto, lanzado no ano 1982 en Inglaterra e claro competidor do Spectrum, Oric-1 e Commodore 64, sen embargo non tivo moito éxito comercial; ainda que tiña un dos mellores teclados da época e a sua versión do BASIC era bastante potente, iste ordenador tiña un sistema de Video moi curioso e terriblemente lento, era imposible facer debuxos animados, tipo sprite, xa que a pantalla tíñase que borrar toda para dibuxar de novo, co que o sistema era exasperadamente lento, que se sepa non saiu ningún xogo tipo arcade para ista máquina.
Perdido o mercado de entretenemento, Camputers tentou introducirse no mercado de xestión, con dous ordenadores mais potentes, o Lynx 96 e o Lynx 128, pero tampouco tiveron éxito e a empresa pechou ao pouco tempo.
Actualmente istes ordenadores son verdadeiras pezas de museo xa que non se chegaron a fabricar en grandes cantidades e ademais nunca se distribueu, oficialmente, no Estado Español.
Derradeira actualización: 31.05.2003