16

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O commodore 16 foi o intento de Commodore de sustituir ao xa veterano VIC 20, iste modelo incluía mais memoria, 16 Ks de RAM frente aos 3 que ofrecía o VIC 20, pero foi un rotundo fracaso xa que ista máquina era inferior técnicamente ao VIC 20, non incluía sprites por hardware, e as capacidades sonoras eran tamén inferiores, iso si ista máquina incorporaba unha versión do BASIC, a 3.5, moi superior a versión 2.0 do VIC 20, na versión 3.5 do BASIC Commodore incluíanse instruccions para manexo de discos, para controlar as capacidades sonoras e os gráficos da máquina. Ademais de todo isto os periféricos do VIC20 non se podian usar co c=16, so se podía usar as lentas unidades de disco 1540 e1541 que usaban a conexión serie standard tanto no VIC 20 como no c=16.
Ao mesmo tempo do lanzamento dista máquina, Commodore lanzou o plus/4, unha máquina chamada a sustituir ao Commodore 64, e que como este Commodore 16 foi un gran fracaso comercial.
Derradeira actualización 28-12-2004