
![]() |
|
![]() |
||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Adam Osborne fundou a compañía de ordenadores Osborne en 1981, ata ese momento Osborne viña publicando libros técnicos sobor da informática. Decideu vender a sua división de libros técnicos a MacGraw-Hill, e cos cartos que sacou da venda montou a sua propia fábrica de ordenadores.
O Osborne 1 foi o primer ordenador que sacou ao mercado, era do tipo transportable, xa que pesaba case 11 Kgrs., tiña duas unidades de disco de 5,25" e 184 Kb. de capacidade cada unha, e un monitor incorporado, teclado profesional, portas RS232 e IEE488 e sistema operativo CP/M. O ordenador entregábase cun paquete de Software composto por Microsoft CBASIC, Wordstar (tratamento de textos), SuperCalc (folla de cálculo), MailMerge (programa de correo) e dBase II( base de dados).
O ordenador tivo un éxito relativo xa que se empezou a vender moi ben, de feito a compañía Osborne foi a compañía que mais medrou en cifra de negocio no ano 1982 en EEUU, pero o seguinte modelo que ía sustituir ao Osborne-1, o Osborne Executive chegou tarde a un mercado de ordenadores profesionais que xa empezaba a acaparar as máquinas compatibles IBM. Osborne atopouse cun stock de Osborne-1 que non podía liquidar xa que a xente estaba a esperar o novo Executive e ises stocks invendibles fixeron que a empresa presentase suspensión de pagos en 1983
Como curiosidade o distribuidor en España diste ordenador foi Investrónica, mais coñecida no noso pais pola distribución dos ordenadores Sinclair e Atari
En Marzo de 2003 Adam Osborne finou na India aos 64 anos de idade a consecuencia dunha enfermidade cerebral ca que levaba loitando dende mais de dez anos. Descanse en paz
Derradeira actualización 19.02.2005