
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ordenador deseñado por Sinclair orientado cara ao mercado profesional, xa dende o principio foi un fracaso debido aos problemas iniciais que tivo Sinclair a hora de lanzar o ordenador, xa que sacou o ordenador a venda antes de que estivera totalmente deseñado; o exemplo mais claro disto é que o ordenador estaba deseñado para ter unha ROM de 32 Kb., pero o Sistema Operativo QDOS e a versión do BASIC, SuperBasic, non cabían en 32 Kb. e tiveron que usar 48 Kb., o que supuxo a remodelación total da placa base, para poder sacar alguns modelos a venda. Sinclair diseñou o, xa famoso, dongle, que non era mais que un cartucho de ROM que se conectaba a porta de cartuchos ROM do QL e que contía as partes do Sistema Operativo que non tiñan cabida na ROM orixinal. Aparte disto o teclado era de moi mala calidade, e os microdrives non foron a millor elección como almacenamento masivo. Como nota curiosa decir que nunca se chegou a deseñar un microdrive externo para o QL, usábanse os do Spectrum, pero estos quedaban colocados ao revés, e decir, ca toma de cartucho mirando para atrás, ca incomodidade que isto supoñía.
Ainda así o ordenador era francamente potente, con un procesador de 32bits., catro programas de xestión incluidos no precio, a posibilidade de conectarse a unha rede, etc. Cando Amstrad mercou os dereitos dos ordenadores Sinclair foi o final do QL, xa que Amstrad decidiu non fabricalo mais, e mais importante ainda, non quixo vender os dereitos a outros fabricantes para que estes seguiran producindo QLs, o propio Tonny Tebby, deseñador do Sistema operativo do QL, quiso comprar os dereitos do QL a Amstrad e ista negouse, non cabe dúbida de que este ordenador millorado era unha seria competencia para os Amstrad CPC 6128 e PCW 8256.
Derradeira actualización: 05-06-2004