|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Iste ordenador foi lanzado ao mercado en 1985 pero fora anunciado no ano 1983, polo que dende a sua publicidade a sua presentación pasaron case dous anos, isto foi debido ao retraso en la fabricación dois cghips a medida de audio, Dave, e de video, Nick.
É unha máquina moi boa, ten unhas capacidades sonoras e de video moi superiores aos ordenadores da época pero non tivo o éxito que se esperaba xa que tardou demasiado en sair ao mercado, se tivera saido no ano en que se anunciou, 1983, tivera sido un éxito comercial, pero en q1985 o mercado de microordenadores xa estaba saturado e era dificil introducirse nun mercado dominado polo Spectrum, o Amstrad, o Commodore 64 e o MSX.
Ademais en aquela época xa empezaban a anunciarse os modelos de 16 bits, tipo Atari 520 ou Amiga 500 e istes tiñas características moi superiores ao Enterprise.
Enterprise sacou ao mercado un modelo millorado, o Enterprise 128, para tentar competir cos Spectrum 128, Amstrad CPC6128 e Commdore 128, pero xa era demasiado tarde, ises ordenadores contaban con bastísiman bibliotecas de software, mentras que o Enterprise non pasaba dos cincuenta títulos publicados.
Derradeira actualización: 31.05.2003