Inicio > Marcas > Sinclair > Spectrum 48k.

ZX Spectrum 48k.

 

ZX Spectrum 48Kb. Galería Fotográfica

 

 

 
   

 Placa base Spectrum Issue 1

 Placa base Spectrum Issue 2

 Placa base Spectrum Issue 3
   

ZX Spectrum 48Kb. Características técnicas
Sinclair Research Ltd.
Inglaterra
07-04-1982 1984
232 x 144 x 30 mm.
552 gr.
Zilog Z80A @ 3,5 Mhz. 8 bits
  ULA (Uncommited Logic Array) Unidade Lóxica non Comprometida Ferranti
ROM 16 Kb. Incluindo Sistema operativo e BASIC
RAM 48 Kb.

ULA Ferranti

32 x 24 Texto

256 x 192 Gráficos

8 cores con dous niveis de intensidade.

ULA Ferranti. Unha canle, altofalante incorporado
Tipo membrana 40 teclas. Moi malo.
1.500 baudios, opcionalmente Microdrives
Casette, televisión e conector terminal.
ZX Interface 1, ZX Interface 2, ZX Microdrive, ZX Printer.
54.900 Ptas. / 329,95 Euros 1.983
Distribuido por Investrónica S.A.
Doado de atopar.
 Ver Libros adicados ao ZX Spectrum
Ver publicidade do Spectrum
Ver ficha do Spectrum na enciclopedia MiComputer  

 

¿Qué significan os Iconos?

 

Comentarios:

Iste foi o ordenador que revolucionou o mercado informático europeo nos anos oitenta. O fabricante Sinclair despois do éxito obtido polo ZX 81 decidiu sacar unha versión millorada, que iba a ser o Sinclair ZX 82, dotou ao ordenador de son, a través dun zumbador interno, e de un sistema de video a cores, de ahí o nome final de Spectrum, ademais dobrou a memoria ROM,16Ks neste modelo comparada cos 8Ks do ZX81, e dotouno dunha cantidade grande de memoria RAM, neste modelo 48Ks.

A pesar de ter un sistema de son moi malo, e dun sistema de video "peculiar", as cores estaban definidad para grupos de 8x8 pixels, e polo tanto era moi normal que os atributos gráficos se misturasen, e de ter un teclado moi malo, foi un éxito rotundo, en grande medida debido ao seu precio, moi inferior a micros con son e cor da época como o Commodore 64.

Debido a istas limitacions Hardware os programadores de videoxogos para Spectrum tiveron que exprimir ao máximo iste ordenador e se fixeron verdadeiras obras de arte como os famosos Knight Lore e Alien 8 de Ultimate ou o R-Type, iste con unhas cores que fan dificil de creer que sexa un xogo de Spectrum.

A vida comercial diste ordenador foi moi elevada, xa que a este modelo lle seguiron o Spectrum+, o mesmo ordenador pero cun teclado millor herdado do irma maior o QL, Spectrum 128, que milloraba o aspecto sonoro engadindo un chip específico para iste menester, o Spectrum +2, primeiro ordenador da era Amstrad, que incluía unha unidade de cassette na carcasa e un teclado tipo máquina de escreber real, e o Spectrum +3, que incorporaba unha unidade de disco de 3". Polo que a vida comercial do Spectrum chegou ata os inicios da década dos noventa.

Actualmente iste ordenador segue tendo uns fieis seguidores e se segue desenrolando hardware e software para él, na sección Links hai unhas boas páxinas para seguir redescubrindo ista maravilla de Sinclair.

Inicio > Marcas > Sinclair > Spectrum 48k.

Derradeira actualización 04.10.2006

Para calquer comentario, rectificación ou apreciación; por favor mandáde-me un mail a Web8bits@Web8bits.com