Para cargar e executar programas nun Sinclair Spectrum +3, empregaremos as seguintes instruccions do BASIC Sinclair. Iste modelo ben con duas versions do BASIC, o BASIC 48k e o BASIC do 128k:
As intruccions para o manexo do Spectrum +3 en modo 48k son idénticas as do Spectrum +, polo tanto para manexar a cinta Spectrum +3 en modo 48k pulsa eiqui. COIDADO as unidades de microdrive NON funcionan no Spectrum +3.
CARGAR UN PROGRAMA Para empregar a unidade de casette, para gardar e cargar programas, necesitamos un cable especial que non se suministraba co ordenador, pulsa eiqui para ver o esquema de dito cable que aparece no manual do Spectrum +3.
Para cargar un programa en cinta en un Sinclair Spectrum +3 temos duas posibilidades:
1.- Escolle a opción Cargador do menú do inicio e cerciorate que a unidade de disco está valeira
2.- Teclea o seguinte (ENTER significa que hai que pulsar a tecla ENTER do teclado, non hai que escribilo):
LOAD "" ENTER
A pantalla quedarase en branco, pulsa PLAY no casette, e o seguinte programa que este na cinta será cargado.
Se ao finalizar a carga aparece unha mensaxe co seguinte texto
r Tape loading error, 0:1
produciuse un erro no proceso de carga e terias que voltar a repetir o proceso pero axustando ó volumen ata dar co nivel axeitado.
Se todo vai ben aos pocos minutos o programa executarase, se non fose así e na pantalla aparecese unha mensaxe
0 OK, 0:1
teclear RUN ENTER para executalo, asi faremos que o programa se inicie.
Para cargar un programa específico, por exemplo COMANDO, teclearemos o seguinte:
LOAD "COMANDO" ENTER
A pantalla quedarase en branco, pulsa PLAY no casette, e o ordenador buscará na cinta o programa que se chame COMANDOS.
Se ao finalizar a carga aparece unha mensaxe co seguinte texto
r Tape loading error, 0:1
produciuse un erro no proceso de carga e terias que voltar a repetir o proceso pero axustandio ó volumen ata dar co nivel axeitado..
Se todo vai ben aos pocos minutos o programa executarase, se non fose así e na pantalla aparecese unha mensaxe
0 OK, 0:1
teclear RUN ENTER para executalo, asi faremos que o programa se inicie.
Alguns programas, moi poucos, por exemplo o MAZIACS, cargánse dun xeito diferente, en estos casos proba a teclear o seguinte:
LOAD "" CODE ENTER
A pantalla quedarase en branco, pulsa PLAY no casette, e o ordenador cargará o seguinte programa en código máquina que aparezca na cinta
Se ao finalizar a carga aparece unha mensaxe co seguinte texto
r Tape loading error, 0:1
produciuse un erro no proceso de carga e terias que voltar a repetir o proceso pero axustandio ó volumen ata dar co nivel axeitado.
Se todo vai ben aos pocos minutos o programa executarase.
GARDAR UN PROGRAMA Para grabar un programa BASIC específico, por exemplo AJEDREZ, teclearemos o seguinte:
SAVE "AJEDREZ" ENTER
Na pantalla aparecerá unha mensaxe que dí
Start tape, them press any key
pulsar RECORD+PLAY no casette e despois calquer tecla, o programa BASIC será grabado na cinta.
As instruccions básicas de manexo das unidades de disco de 3" no Sinclair Spectrum +3 son as seguintes:
FORMATEAR UN DISCO Antes de poder usar un disco e necesario darlle o formato axeitado para que o ordenador poda entender os dados que se escreban no mesmo, para dar formato a un disco no Sinclair Spectrum +3 teclee o seguinte (return significa que hai que pulsar a tecla RETURN do teclado, non hai que escribilo):
FORMAT "a:" ENTER
Teclea a: se só temos a unidade de disco incorporada, se temos outra unidade externa e queremos darlle formato debemos cambialo a: pola letra b:
Hai que recordar cos discos formateados para Amstrad CPC no son compatibles cos do Spectrum +3.
VER O CONTIDO DO DISCO Para ver o contido dun disco, o que se chama facer un directorio, teclearemos o seguinte:
CAT ENTER
Isto nos dará o directorio da unidade de disco por defecto, se querenos ver o directorio dun disco que temos na unidade externa, teclearíamos:
CAT "b:" ENTER
CARGAR UN PROGRAMA DENDE O DISCO Para cargar un programa dende a unidade de disco en un Sinclair Spectrum +3 temos duas posibilidades:
1.- Escolle a opción Cargador do menú do inicio e cerciorate que a unidade de disco contén o disco onde está o programa a cargar
2.- Teclea o seguinte (ENTER significa que hai que pulsar a tecla ENTER do teclado, non hai que escribilo):
LOAD "a:NOME" ENTER
Teclea a: se só temos a unidade de disco incorporada, se temos outra unidade externa e queremos cargar un programa dende esa unidade debemos cambialo a: pola letra b:
NOME e o nome do programa que queremos cargar e pode ter como máximo oito caracteres. Os nomes seguen o estandard CP/M polo que os nomes de programas teñen ata oito carateres un punto e tres caracteres que especifican o tipo de arquivo, por exemplo .BAS identifica a un programa BASIC .BIN identifica a un programa binario (en código máquina)
GARDAR UN PROGRAMA NO DISCO Para gardar un programa nun disco teclearemos:
SAVE "a:NOME" ENTER
Teclea a: se só temos a unidade de disco incorporada, se temos outra unidade externa e queremos grabar un programa dende esa unidade debemos cambialo a: pola letra b:
NOME e o nome do programa que queremos grabar e pode ter como máximo oito caracteres. Os nomes seguen o estandard CP/M polo que os nomes de programas teñen ata oito carateres un punto e tres caracteres que especifican o tipo de arquivo, por exemplo .BAS identifica a un programa BASIC .BIN identifica a un programa binario (en código máquina)
Derradeira actualización: 10-10-2003
Para calqueira comentario,
rectificación ou apreciación; por favor mandáde-me
un mail a
Web8bits@Web8bits.com