Inicio > Marcas > Atari > Atari 520 ST

520 ST

Atari 520 ST e Monitor Atari 1024

520 ST. Características Técnicas
Atari Corporation
Estados Unidos
1986 198?
??? x ??? x ?? mm.
?? Kgr.
Motorola 68000 @ 8 Mhz. 16 bits

Shifter, Gráficos

General Instruments AY-3-9812, Son

Glue, Xestión da memoria, portas lóxicas

6301, Control do teclado

ROM 32 Kb. Primeiros modelos, 192Kb. en posteriores
RAM 512 Kb.

Shifter

640 x 400 Monocromo, necesita dun monitor especial

640 x 200 x 4

320 x 200 x 16

Paleta de 512 cores

General Instruments AY-3-8912 3 voces mais unha de ruido, 8 octavas, son mono
Tipo profesional 94 teclas. Bó
  Rato de dous botons, conector 9 pines tipo Atari
360 Kb. unha cara, nos primeiros modelos, 720 KB. duas caras, posteriormente
Monitor, serie RS232, paralelo, segunda disqueteira, cartuchos (128 Kb.), JoySticks, rato, MIDI IN / OUT e unha ranura de expansión (discos duros)
Digital Researchs GEM
Monitor 1024
???.???Ptas. / ???,?? Euros 198?
Distribuido por Investronica nun principio e posteriormente por Atari España
Dificil de atopar.
Ver publicidade do Atari 520

 

¿Qué significan os Iconos?

 

Comentarios:

Ordenador lanzado por Atari como resposta ao novo modelo de Amiga, o Amiga 1000, Atari tentou mercar a empresa Amiga para lanzar ca marca Atari os ordenadores Amiga, pero no derradeiro momento Commodore ofreceu bastante mais pola compañia e a mercou, dando paso a toda unha xeneración de ordenadores Commodore-Amiga. O deseñador do chipset dos Amiga foi Jay Miner, o mesmo que deseñou os chipsets da linea de 8bits de Atari, Atari 400 e Atari 800.

Cando Atari ve que non pode mercar Amiga, decide sacar un modelo de 16 bits o mais rápido posible para tentar facer a competencia a Commodore, e asi como nace o Atari 260 ST, que foi sustituido rapidamente por iste modelo Atari 520 ST.

Iste modelo de Atari, foi en certo modo un paso atras para Atari, ata entón os seus ordenadores estaban baseados en custom chips (chips especiais capaces de xenerar gráficos, son, etc.), pero ao fallar o contrato con Amiga desenrolou un ordenador con chips xenéricos, o chip de son e o mesmo que montan os ordenadores MSX, o Spectrum 128 o Amstrad CPC ou o Oric, o chip gráfico Shifter oferece unhas resolucions moi pobres comparadas cos novos modelos de Amiga e incluso peores que os micros de 8 bits xa existentes tipo Amstrad CPC. Ademais a resolución máxima de 640 por 400 en monocromo só se acada cun monitor especial, o monitor normal a cores non pode visualizar dita pantalla.

A unidade de disco era externa e nos primeiros modelos era dunha cara e 360 KB., posteriormente foi lanzado cunha unidade de discos de doble cara e 720 KB. Os seguintes modelos de Atari, o Atari 520 STm e o Atari 520 STfm tiñan a unidade de disco interna como o modelo Amiga 500.

A pesar disto o ordenador tivo bastante éxito, basicamente entra a xente adicada a música gracias ao seu interface MIDI e a programas de son tipo QBase

Foi un digno competidor na loita polo mercado de 16 bits, co Amiga en Europa, e co Apple IIgs e Macintosh en Estados Unidos.

Para iste modelo apareceu un emulador de Apple Macintosh que consistía nunha placa de extensión cun zócalo para inserir un chip de ROM de Apple, con ista ROM o Atari 520ST convertíase nun Apple Macintosh, xa que ambos comparten o mesmo procesador e o mesmo mapa de memoria, iso si a un precio moi inferior.

O sistema operativo TOS (Traimiel Operative System) estaba montado en 192 Kb. de ROM, nos primeiros modelos se cargaba dende disco e tiñan 32 Kb. de ROM, pero deixaban uns 350 KB. de RAM disponible. O interface co usuario era o sistema GEM desenrolado por Digital Researchs, o desenrolador do sitema operativo mais famoso dos 8 bits, o CP/M.

Inicio > Marcas > Atari > Atari 520 ST

Derradeira Actualización: 12.09.2006

Para calqueira comentario, rectificación ou apreciación; por favor mandáde-me un mail a Web8bits@Web8bits.com