Inicio > Marcas > Sinclair > Spectrum 128k.

 

ZX Spectrum 128k.

ZX Spectrum 128Kb. Galería Fotográfica

 
       

 Spectrum 128 Modelo ingles
       

 

ZX Spectrum 128Kb. Características técnicas
Investronica (Sinclair Research Ltd.)
España

1985 1986

Presentado oficialmente na feira SIMO de 1985

252 x 144 x 30 mm.
??? gr.
Zilog Z80A @ 3,5 Mhz. 8 bits

  ULA (Uncommited Logic Array) Unidade Lóxica non Comprometida Ferranti

  General Instruments AY-3-8912, son

ROM 32 Kb. Incluindo Sistema operativo e BASIC
RAM 128 Kb.

ULA Ferranti

32 x 24 Texto

256 x 192 Gráficos

8 cores con dous niveis de intensidade.

 General Instruments AY-3-8912, tres canles de música e un de ruido
Tipo membrana plástica, 45 teclas. Malo.
1500 baudios, opcionalmente Microdrives
Casette, televisión e conector terminal.
ZX Interface 1, ZX Interface 2, ZX Microdrive, ZX Printer.
 O ordenador incluía un teclado numérico externo
44.250 Ptas. / 265,95 Euros Xullo 1986
Distribuido por Investrónica S.A.
Non moi doado de atopar.
 Ver Libros dedicados ao ZX Spectrum
Ver publicidade do Spectrum

 

¿Qué significan os Iconos?

 

Comentarios:

Iste modelo de Sinclair foi totalmente deseñado en España polo seu distribuidor Investrónica, foi presentado a nivel mundial na feira SIMO de 1985, e non chegaría ao resto do mundo, incluindo Reino Unido, ata varios meses despois. Iste foi o derradeiro ordenador de Sinclair antes de ser comprada pola Amstrad, o ordenador non ofrecía moito mais do que xa ofrecía o Spectrum+, tiña mais memoria e un chip de sonido con tres canles, pero o teclado seguía sendo malo, a resolución en pantalla pobre e o medio de almacenamento externo seguía sendo o casette ou o microdive. Non tivo demasiado éxito comercial xa que o modelo foi sustituido polo Spectrum+2, fabricado xa por Amstrad, ademais nesa época empezaban a entrar no mercado as máquinas de 16 bits Atari ST e Amiga 500, de feito nese mesmo SIMO Investronica, distribuidor oficial Atari en España, tamén presentou o Atari ST.

O modelo comercializado por Investrónica en España incluía un teclado numérico externo, como se pode ver na foto de arriba, a versión inglesa saiu ao mercado sin dito teclado, que en teoría se ofrecería como un complemento, isto nunca chegou a acontecer xa que Sinclair foi vendida a Amstrad e esta sacou o Spectrum +2 en sustitución do 128. Outra diferencia entre o modelo español, aparte das mesaxes en español da ROM, e que o logotipo 128 está en branco namentres que no modelo ingles dito logotipo aparece en vermello.

 

Inicio > Marcas > Sinclair > Spectrum 128k.

Derradeira actualización: 05.10.2006

Para calquer comentario, rectificación ou apreciación; por favor mandáde-me un mail a Web8bits@Web8bits.com