
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Dragon 64 foi un intento da compañía Dragon Data de revitalizar a sua línea de ordenadores dotándoos de maior memoria RAM, basicamente é o mesmo modelo Dragon 32 pero con 64 Kb. de memoria e interface Centronics para impresora, ainda que a placa base está totalmente rediseñada, xunto ca unidade de disco de 5,25" e 175 Kb. se suministraba o sistema operativo OS9, que entre outras características tiña a de ser multiusuario e multitarea ¡¡ nun micro caseiro no ano 1983 !! A pesar de ser unha boa máquina e de ter en opción o millor sistema operativo de 8 bits, o Dragon 64 non tivo moito éxito de vendas, en parte por unha visualización de pantalla bastante pobre, e a empresa foi liquidada; os seus activos e propiedade intelectual foi mercada por unha empresa española, EuroHard, que en poucos meses sacou ao mercado un novo modelo, o Dragon 200.
Derradeira actualización: 01.03.2003