
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Distribuido por IDS, S.A., Informática y Desarrollos de Sistemas, S.A. |
|
|
|
Este foi o primeiro e derradeiro ordenador Dragon producido en España por EuroHard S.A., o ordenador e basicamente o Dragon 64, de feito na placa base do ordenador podese leer Dragon Data Ltd. ISS 4, ou sexa revision 4 da placa base de Dragon Data, o que cambiou foi a carcasa exterior que neste modelo e mais estreita e estilizada, engadiuse un led para indicar que o ordenador estaba funcionando e un interruptor de corrente. Loxicamente todo o software producido para o Dragon 32 e o Dragon 64 funcionan sen nengún problema no Dragon 200 e incluso as ampliacions hardware como as unidades de disco son compatibles.
O ordenador foi un fracaso comercial xa que chegou tarde ao mercado, onde triunfaban máquinas mais potentes como o Amstrad CPC 6128 e onde estaban aparecendo novas máquinas chamadas a retirar do mercado todo-los ordenadores de 8 bits, como o Atari ST ou o Amiga 1000.
EuroHard inentou continuar no mundo da informática e deseñou un ordenador baixo o estandard MSX, o Dragon MSX, pero nunca se chegou a fabricar xa que a empresa quebrou antes de facelo, que se sepa só hai un modelo de Dragon MSX acabado e o ten o coleccionista español Tromax.
Derradeira actualización: 03.03.2003