
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Derradeiro modelo de Spectrum fabricado por Amstrad.
Amstrad sacou iste modelo en sustitución do Spectrum +2, que era unha versión moi parecida ao orixinal Sinclair ZX Spectrum 128, pero cun cassette incoporado. Iste modelo e moi similar ao Spectrum +3, que saiu ao mercado antes que o +2A, de feito alguns modelos levan a mesma placa básica, pero sen os integrados que controlan a disqueteira. A ROM diste ordenador e a mesma que a do Spectrum +3.
Iste modelo ten un conector de expansión non totalmente compatible cos modelos de Sinclair, polo que non se poden conectar a iste modelo nin o ZX Interface 1 e os microdrives, nin a ZX Interface 2, asi como a maioría dos periféricos que existían no mercado nese momento.
Amstrad prometeu unha controladora externa de disquetes, pero ista nunca viu a luz.
Iste modelo tivo un éxito importante no estado Español, ainda que as previsions non eran boas, xa que a xente de Amstrad pensaba que o ordenador Spectrum xa estaba desfasado e só daban unha pouca de esperanza ao Spectrum +3 por incorporar unha unidade de disco.
Existe unha versión exactamente igual a esta chamada Spectrum +2B, a diferencia e que o +2A fabricouse en Taiwan e o +2B fabricouse na China
Derradeira actualización 30.06.2003