Istas revistas son monográficos especiais publicados pola revista de divulgación científica Muy Interesante, o primeiro número, que podes ver abaixo ca portada de Einstein, publicouse no ano 1983, o número 2 non saldría ata o ano 1984 e durante un tempo a publicación distes monográficos foi trimestral, polo que eu sei publicouse continuamente ata o número 9, a seguinte noticia que tiven distes monográficos é xa no 1995 co número 20, podes ver a portada mais abaixo.
Era unha revista con reportaxes un pouco fora do alcance de outras revistas de informática, ainda que ao igual que as suas irmans, publicaba programas nas suas páxinas centrais, que eran de papel reciclado, para teclear polo usuario, había programas para máquinas maioritarias tipo Spectrum e C=64, pero tamén se poden atopar programas para o Atari 800, o Apple ][, Thonsom...
En cada número había un ordenador comentado en profundidade, con fotos da placa base, dos periféricos, etc. que eran moi bos e instructivos.
Tamén publicaban comparativas de precio en cada número de algo distinto, no número 1 de ordenadores, dende mainframes a micros, no número 3 comparativa de impresoras, no 5 de joysticks, etc.
![]() ![]() |
Nome: Muy Interesante Especial Ordenadores Plataforma: Multi Editorial: G+J España. Editorial Orbe Tamaño: 22,5 x 28,3 cm. Número de follas: 74 Tipo e calidade do papel: Boa calidade, aguanta ben o paso dos anos, páxinas centrais en papel reciclado, non aguanta ben o paso do tempo Precio: 1,20¤ (200 Ptas.) o número 1 1983 1,35¤ (225 Ptas.) dende o número 2 ata o 4 Xunio 1985 1,50¤ (250 Ptas.) dende o número 5 ata o 9???? 2,40¤ (400 Ptas.) o número 20 Febreiro 1995 Comenza a publicación en: 1983 Remata a publicación en: Se seguen publicando Números publicados: 20???? Periodicidade: Sen periroricidade Números na miña colección: En negro os que teño, en vermello os que me faltan
|
||||||||||||||||||||||||
![]() |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
||||||||||||
|
|
|
|
|||||||||
|
|
|
|
Derradeira actualización: 10-10-2003